Saturday 11 de May de 2024

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta do Concello de Frades


O Concello de Frades celebra este sábado, 27 de agosto, o seu Día da Bicicleta, para o que aínda mantén aberto o prazo de inscrición nas oficinas da casa consistorial ou directamente chamando ao 981 69 55 67. As anotacións son de balde.

A xornada inclúe unha ruta principal, de 15 quilómetros de lonxitude, e outra para os nenos e nenas, que cubrirán aproximadamente unha distancia de catro quilómetros. A ruta principal tomará a súa saída ás 11.00 horas desde a praza pública da Ponte Carreira. Discorrerá pola contorna da canteira da empresa Erimsa, Vitre, Augas Santas e varias pistas de concentración parcelaria, ata chegar de novo ao lugar de partida.

Ademais de completar o seu circuíto en bicicleta, os nenos e nenas poderán xogar con elementos inchables que se instalarán na praza da Ponte Carreira. Ao remate da proba, procederase ao sorteo de material deportivo entre todos e todas as participantes. O Concello ofrecerá un servizo de avituallamento con froita e bebida.